Inicio Carballo ao día Avisos O 16 de setembro empezará a funcionar de...

O 16 de setembro empezará a funcionar de novo o servizo de autobús matutino Carballo-Santiago

Venres 30 de agosto do 2019

O 16 de setembro empezará a funcionar de novo, tras o parón por vacacións, o autobús matutino entre Carballo e Santiago. Estudantes e traballadores/as poden tramitar xa os seus bonos diarios cun 60% de desconto con respecto ao prezo de tarifa. As persoas interesadas deben contactar coa compañía Arriva no enderezo electrónico atencioncliente@arriva.es.

Os horarios e as paradas non varían: 6:40 saída da estación de Carballo, 6:50 última parada de Carballo (A Ponte), 7:10 Val do Dubra, e 7:15 Portomouro. En Santiago fai paradas na estación de autobuses, San Lázaro, estación de tren, Campus Sur e Hospital Chus. A volta é ás 15:05 dende o Hospital, con chegada a Carballo sobre as 16:10 horas.

Compartir: