TURISMO
O Concello entrega a imaxe gráfica da marca ‘Pan de Carballo’
Luns 10 de xullo do 2006
A xuntanza servirá, igualmente, para falar sobre a posibilidade de iniciar algunhas accións conxuntas para promover a marca Pan de Carballo e dala a coñecer. Ademais, tratarase a solicitude dunha entrevista coa Consellería de Medio Rural para ver a posibilidade de que apoien a promoción da marca. A creación da marca Pan de Carballo inclúe a sinalización de todas as panadarías do concello, tanto as do centro urbano como as do rural, e o distintivo e diferenciación que se pretende conseguir camiña na dirección de facer do pan de Carballo un produto de interese turístico.