Inicio Carballo ao día Hemeroteca Clausurado o primeiro Simposio Internacional de...

CONGRESO

Clausurado o primeiro Simposio Internacional de Megalistismo na Costa da Morte

Luns 10 de xullo do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferreo, foi o último en falar no acto de clausura e avogou porque "esta primeira andaina teña continuidade". Durante tres días, o Pazo da Cultura albergou varias conferencias e mesas redondas, das que participaron Germán Delibes, Charles-Tanguy Le Roux, Francisco Javier Fernández, José Antonio Mujika, Miguel de Blas, Ramón Fábregas, José María Eguileta, María Goreti, Antón Rodríguez Casal, Benita Silva, Fernando Carrera. Raquel Casal, Felipe Arias, Rubén Lois e Felipe Senén. Ademais, o primeiro día realizouse unha excursión de máis de sete horas que seguiu a rota realizada polos arqueólogos Georg e Vera Leisner, visitando os principais monumentos megalíticos da Costa da Morte, como Dombate, Pedra Cuberta, Casa dos Mouros, Pedra Moura de Carnio, Arca da Piosa, a Mina de Parxubeira e a Casota de Freán.

Compartir: