Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello iniciou 65 informes de...

CARBALLO LIMPO

O Concello iniciou 65 informes de infracción sobre a limpeza de solares

Venres 7 de xullo do 2006

Previo a estas accións realizáronse dous envíos masivos de notificacións a todos/as os/as propietarios/as de solares para que procedesen á súa limpeza, cun importante éxito de aceptación por parte de moitos/as deles/as. As accións que está a tomar nestes momentos o Concello son sobre aqueles/as propietarios/as que non colaboraron no seu día. Desde o Concello enténdese que hai moitos máis destes 65 solares, aínda que se comeza por estes ao seren dos que a veciñanza reclamou a súa limpeza. Polo mesmo, o Concello quere agradecerlles aos veciños e ás veciñas que en gran número están facendo chegar estas e outras suxestións, co obxectivo de conseguir un Carballo máis limpo e mellor para vivir.

Compartir: