Inicio Carballo ao día Hemeroteca ‘Títeres Cachirulo’ e ‘Mofa e Befa’ abren...

CULTURA

‘Títeres Cachirulo’ e ‘Mofa e Befa’ abren o Verán Cultural

Venres 7 de xullo do 2006

A compañía Títeres Cachirulo naceu en Santiago de Compostela representando obras de carácter infantil orientadas a unha comunicación directa dos rapaces e das rapazas con títeres. As montaxes tiveron unha cálida acollida por parte dos cativos, que pronto converteron a Cachirulo nun grupo emblemático de Santiago.

Mofa e Befa naceu en decembro de 1992 coa finalidade de crear espectáculos de humor corrosivo e na procura de públicos non habituais nas salas de teatro. Os seus espectáculos máis salientables foron Para ser exactos, Manifesto por un teatro perralleiro, Finismundi Circus e Cultura para dar e tomar. Neste últimio espectáculo, dous políticos exemplares enfróntanse a un reto cotián, inaugurar unhas xornadas culturais nun país no que xa hai "Cultura para dar e tomar". O coñecido dúo está formado por Vítor Mosqueira e Evaristo Calvo, acompañados musicalmente por Piti Sanz.

Compartir: