Inicio Carballo ao día Avisos Exposición pública do borrador da...

Exposición pública do borrador da Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica

Mércores 26 de xuño do 2019

A fin de dar cumprimento tanto á normativa comunitaria, estatal e autonómica vixentes sobre protección contra a contaminación acústica, así como tamén para respostar aos novos retos e necesidades ambientais que se producen na realidade actual do municipio, o Concello de Carballo vén de elaborar unha proposta de Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica.

Este primeiro borrador sométese, antes da súa aprobación inicial, a un período de consulta pública de 30 días, que empezarán a contar a partir do 27 de xuño de 2019, para que calquera persoa ou entidade poida facer as súas achegas e/ou emendas.

A ordenanza establece un marco xurídico de intervención na corrección das superacións dos niveles sonoros ambientais establecidos, e contempla medidas específicas para loitar, entre outros, contra o ruído procedente do tráfico, os comportamentos incívicos, actividades de ocio nocturno e demais fontes que no seu comportamento, funcionamento uso ou exercicio sexan susceptibles de causar molestias ás persoas, danos a bens, xerar riscos para a saúde ou benestar, ou deteriorar a calidade medioambiental, así como regular as actuacións específicas en materia de ruído e vibracións no ámbito territorial do noso municipio como son a aprobación de instrumentos de avaliación e xestión do ruído ambiental ou as esixencias acústicas derivadas dos obxectivos de calidade acústica nas edificacións.

Descargas

Compartir: