Inicio Carballo ao día Avisos Axudas para a adquisición de...

Axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas

Martes 18 de xuño do 2019

Convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES).

(Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1)

Beneficiarios

  1. Os profesionais autónomos
  2. As persoas físicas
  3. Comunidades de propietarios
  4. Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
  5. O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional.
Contía das axudas
Anexo III do Real decreto 72/2019, do 15 de febreiro, polo que se regula o Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (Programa MOVES)

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria, comezará as 9.00 horas do 17 de xuño e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2019.

Lugar de presentación
A solicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas para tramitar as Actuacións 1 e 2.

Compartir: