Inicio Carballo ao día Hemeroteca Razo abre o ciclo das ‘Noites de Cine 2006’

CULTURA

Razo abre o ciclo das ‘Noites de Cine 2006’

Xoves 6 de xullo do 2006

As Noites de Cine inclúen a proxección de 11 películas máis. Charlie y la fábrica de Chocolate poderá verse os días 10, 13, 18 e 20 de xullo en Sofán, Baldaio, Bértoa e Razo. O soño dunha noite de San Xoán proxectarase o día 12 de xullo no Xardín Municipal. Valiant tamén terá un só pase, o 19 de xullo na Praza de San Cristovo. Star Wars Episodio III proxectarase o 26 de xullo no Xardín Municipal, completando o programa para o séptimo mes do ano. En agosto proxectaranse 7 películas en 15 sesións. Batman begins poderá verse os días 1, 8, 10, 14, 17, 21 e 22 de agosto en Sísamo, A Brea, Baldaio, Cances, Razo, Sofán e Rus. Héroe a rayas proxectarase o día 2 de agosto na Praza do Chorís, Habana Blues o 3 de agosto en Razo, Las Crónicas de Narnia o día 9 de agosto no Xardín Municipal, Doce fuera de casa o día 16 na Praza da Milagrosa e Camarón o día 23 no Xardín Municipal. O ciclo pecharase os días 24 e 29 de agosto, coa proxección de La novia cadáver en Imende e Oza, respectivamente.

Compartir: