Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a funcionar a contenerización...

MEDIO AMBIENTE

Comeza a funcionar a contenerización soterrada na rúa Coruña

Martes 4 de xullo do 2006

A iniciativa, cofinanciada con fondos europeos de cohesión, permitirá facilitar aos veciños a recollida selectiva e posterior reciclaxe dos residuos sólidos. Coa instalación da contenerización soterrada preténdese manter e recuperar a estética urbana e reducir notablemente o impacto visual e estético ocultando os colectores de superficie. A medida permitirá, igualmente, un aforro importante ao reducir a frecuencia de recollida, favorecida polo incremento da capacidade de almacenamento. Tamén premitirá reducir os gastos de reposición de colectores, ao non estar expostos a agresións vandálicas ou meteorolóxicas. Outras das ventaxas da contenerización soterrada son que facilita a recollida selectiva na orixe, elimina os malos olores e reporta una mellora estética importante.

Compartir: