Relación provisional de solicitantes para participar nos Campamentos Deportivos da Deputación
Luns 3 de xuño do 2019
Rematado o prazo de inscrición, publícase a listaxe provisional de solicitantes para os Campamentos deportivos 2019 Deputación da Coruña.
Ábrese prazo de corrección de erros os días 3 e 4 de xuño de 2019. As solicitudes deben presentarse no rexistro da Área de Deportes do Concello de Carballo, na rúa Vila de Corcubión, ata o día 4 de xuño ás 19:00 horas.
Sorteo: 5 de xuño de 2019 ás 9:30 h nas oficinas da Casa do Concello de Carballo.