INDUSTRIA
Fernando Blanco avanza axudas ao sector industrial nas súa primeira visita oficial ao Concello
Luns 3 de xullo do 2006
O conselleiro de Innovación e Industria abogou pola creación, por parte de Administración, das mellores condicións para concretar proxectos no sector industrial. Fernando Blanco aludiu a unha liña de axudas da Consellería que inclúe unha partida de 70.00 euros para o remate do edificio de usos múltiples do polígono industial de Bértoa, unha axuda de 90.000 euros para o proxecto de reforma do exterior do Campo da Feira da Milagrosa, e outra de 292.666 euros para a mellora do subministro eléctrico, concretado nos fogares, o grupo escolar de Razo e o Centro Social de Imende. Ademáis, lembrou os 15.000 euros comprometidos para o Pazo da Cultura e os 100.000 euros para a remodelación do Museo de Bergantiños, enmarcados dentro do impulso do sector turístico na localidade. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, aludiu no acto á "necesidade de articular un tecido empresarial forte e dinámico, capaz de facer da Costa da Morte un espacio vivo e impulsor de novos proxectos". O conselleiro de Industria mostrouse agradecido pola invitación do Concello e referiuse a Carballo como "unha vila chea de veciños de carácter emprendedor". Fernando Blanco aproveitou a súa estancia en Carballo para visitar o edificio de usos múltiples do polígono industial de Bértoa e as obras da Casa dos Oficios na Milagrosa.