XUNTA DE GOBERNO LOCAL
O Concello solicita unha subvención á Xunta para o Servizo de Normalización Lingüística
Xoves 18 de agosto do 2005
O orzamento que se lle presentará á Consellaría de Xustiza, Interior e Administración local consistirá en 13.508,28 euros para manter o persoal do servizo e de 18.363,35 euros, para a realización de actividades de dinamización lingüística.
De entre estas campañas, a maior parte do orzamento previsto estará destinado á campaña de promoción lingüística no sector socioeconómico, un total de 9.900 euros. O resto das actividades para as que se solicita a subvención son o Obradoiro de integración lingüística para inmigrantes, o boletín bimestral Ponte coa lingua, o Premio a artigos xornalísticos normalizadores, o Correlingua 2005 e os Obradoiros de escrita creativa.
Axudas para as Cabalgatas
O Concello concede dez subvencións a diferentes asociacións municipais para financiar as cabalgatas de Reis celebradas no ano 2005, por un importe total de 4.000 euros. As axudas foron de 500 euros para cada colectivo.