Inicio Carballo ao día Avisos Axudas para a conciliación por maternidade...

Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma

Luns 20 de maio do 2019

Normativa
Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 93 do 16/5/2019) 

Obxecto
A concesión de axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.Mediante esta axuda permitirase que a persoa traballadora por conta propia obteña unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade do seu proxecto empresarial.

Persoas e entidades beneficiarias
1. As persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, que segundo o anexo I teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na CA de Galicia, que gozasen dun período de descanso por nacemento e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.
2. As sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

Accións e gastos subvencionables
Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma cunha duración mínima de seis meses e durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso por nacemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos. O importe da subvención será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, con un máximo de doce meses. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo polo tanto o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

Requisitos e obrigas das persoas beneficiarias

  1. Para ter dereito á subvención, previamente, a persoa traballadora autónoma tivo que estar de baixa por nacemento
  2. No prazo dos quince días naturais seguintes á finalización do período de descanso por nacemento débese realizar un contrato de calquera modalidade co compromiso dunha duración mínima de seis meses.
  3. A contratación debe realizarse cunha persoa desempregada, entendendo como tal a unha persoa sen ocupación segundo a vida laboral e inscrita na oficina de emprego. Non é necesario que cumpra estes requisitos se a contratación se realiza coa mesma persoa que estaba contratada por interinidade por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.
  4. A persoa ou entidade beneficiaria deberá manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada por un período mínimo do tempo polo que se lle concedeu a subvención desde a alta do contrato subvencionado, mantendo como mínimo a xornada pola que se concedeu a subvención.
  5. No suposto de extinción da relación laboral da persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a persoa ou entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación cunha persoa desempregada, polo menos, cunha xornada de traballo igual ou superior á de persoa substituída . Para cubrir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación debe serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda xunto cun novo anexo II, sen que de lugar a unha nova subvención.
  6. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da CA de Galicia, así como, coa Seguridade Social.
  7. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
  8. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  9. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito para percibir estas axudas.
  10. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da CA, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.
Período subvencionable
Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados nas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde, se inicien entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

Documentación
Presentación electrónica na sede xunto coa seguinte documentación:
  • No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente de actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
  • Informe de vida laboral do código de conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora pola que se solicita subvención e ao contrato de interinidade anterior.
  • Resolución da Seguridade Social en que indique o período de descanso por nacemento.
  • Anexo III, debidamente cuberto e asinado.
Lugar de presentación
Obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Prazo de presentación
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables presentaranse desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no DOG ata o 30 de setembro de 2019.

Compartir: