VISITA INSTITUCIONAL
O Conselleiro de Insdustria visitará o Polígono de Bértoa e as obras da Casa dos Oficios
Venres 30 de xuño do 2006
Fernando Blanco ten prevista a súa chegada á localidade contra as 12.00 horas. O Conselleiro de Industria será recibido na Casa do Concello, onde manterá un encontro cunha representación do goberno municipal e asinará no Libro de Honra do Concello. Con posterioridade, sobre as 12.15 horas, Fernando Blanco manterá un encontro cos medios de comunicación e empresariado da zona no Salón de Plenos do Concello.
A visita ao Polígono Industrial está fixada para as 13.00 horas, mentres que a chegada ás obras da Casa dos Oficios está prevista para as 13.20 horas aproximadamente.