Programado para o venres 3 de maio un corte de auga na nova fase do polígono industrial de Bértoa
Martes 30 de abril do 2019
Debido ás obras de mellora que se están a realizar na rede de abastecemento de auga, a empresa concesionaria do servizo, Gestagua, comunica que este venres 3 de maio, dende as 09.00 ata as 13.00 horas, aproximadamente, producirase un corte do subministro que afectará ás empresas da nova fase do polígono industrial de Bértoa.
Desculpade as molestias.