Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta unha novidosa oferta cultural...

CULTURA

O Concello presenta unha novidosa oferta cultural para o mes de setembro

Venres 30 de xuño do 2006

Malabarindo nace coa ambición de perdurar no tempo, instaurarse como unha cita anual para os amantes do malabarismo e o novo circo e trocar Carballo nun referente europeo. A Perloca Musical inclúe a presentación do disco na Praza do Concello, coa actuación de GalegoZ, Safari Orquestra e Zënzar. Haberá tamén unha presentación do proxecto, con novidades tales como unha presentación histórica de Rosa Franco Maside, a posta á venda do disco ou a presentación dunha publicación de promoción. A Perloca Marítima aposta por unha conferencia no Pazo da Cultura sobre esta ruta romana que ía de Braga a Lugo, tendo nas augas termais de Carballo un dos seus puntos de encontro habituais. A conferencia, da man da historiadora Rosa Maside, tratará da historia antiga e moderna da comarca.

O acto de presentación destas tres actividades ten lugar este sábado, 1 de xullo, no salón de Plenos do Concello de Carballo. No mesmo participarán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Turismo, Manuel Pan, a investigadora da USC, Rosa Franco Maside, o catedrático de Historia Antiga, Gerardo Pereira, o escritor Sechu Sende, Davide Salvado -Performance-, e Roberto de A Perloca Musical-Skarnio.

Compartir: