OBRAS
O Concello remite a Obras Públicas o proxecto de ampliación da Ponte da Casilla
Xoves 29 de xuño do 2006
Actualmente, as beirarrúas da rúa son máis estreitas pola súa marxe esquerda, dirección Finisterre, e están dotadas dun enlosado de pedra, iluminación tipo villa e unha barandilla metálica. Con estes traballos preténdese ampliar o ancho das beirarrúas no tramo situado sobre o río Anllóns, respetando a baixada á zona fluvial e dotando á zona de alumeado, con luminarias iguais ás xa existentes no resto do tramo. Ademáis, colocarase unha barandilla idéntica á xa existente na marxe contraria da ponte. A actuación contempla o ensanche da beirarrúa por medio dunha obra de fábrica, consistente nunha estructura de formigón armado, formada por dos estribos e un taboleiro de losas alveolares. As obras permitirán baixar por medio dunha escaleira e por outra marxe cunha rampa que permite o acceso de minusválidos.