Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019
Luns 8 de abril do 2019
Os campamentos de verán para persoas con discapacidade permiten gozar durante 10 días dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Persoas destinatarias
As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Requisitos:
- Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
- Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
- Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
- Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
- Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€
Adxudicación:A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:
- As persoas que non participaran en anos anteriores.
- Residan habitualmente no domicilio familiar.
Documentación:As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:
- Xustificante de ter pagado.
- Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
- Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
- Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
- Unha fotografía tamaño carné.
Lugar de presentación
Do 4 de abril ao 3 de maio de 2019
Máis información
Teléfono Social gratuíto: 900 333 666
- Teléfonos: 981-547437 /981-544640.
- Mail: autonomiapersoal.sxps@xunta.es