LITORAL
A praia de Pedra do Sal lucirá a bandeira azul a partir do vindeiro luns
Xoves 29 de xuño do 2006
A Comunidade galega obtivo no 2006 un total de 109 bandeiras azuis, 11 máis que en 2005. Por provincias, a de A Coruña logrou un total de 45 bandeiras azuis, Lugo tivo 20 e Pontevedra 44. O goberno municipal fixo un esforzo en canto as melloras na praia de Pedra do Sal, sendo merecedora agora de tal recoñecemento, ao igual que a praia de Razo. O galardón baséase no cumprimento dunha serie de criterios específicos nas praias e portos galardoados, que se agrupan en torno a catro pilares básicos, como a calidade das augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión medioambiental e a seguridade e servizos.