Inicio Carballo ao día Hemeroteca A estrada AC-402 terá un tratamento...

OBRAS

A estrada AC-402 terá un tratamento integral

Mércores 28 de xuño do 2006

O traballo de mantemento que se fai na actualidade verase completado co acondicionamento con aglomerado, na vindeira primavera. O alcalde de Carballo quixo coñecer de primeira man as previsións de Política Territorial, debido a que a vía leva máis de 40 anos sen ter un tratamento integral. O volume de tráfico que soporta a estrada fai que esta non presente as mellores condicións desde hai anos, téndoselle aplicado varios traballos para subsanar deficiencias concretas, como os moitos baches que ten. O rexedor de Carballo xa mantivera reunións cos alcaldes de Cerceda e Tordoia, hai anos, para demandar de forma conxunta unha mellora integral para toda a vía.

Compartir: