Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os fogos de artificio despiden as festas de San...

CULTURA

Os fogos de artificio despiden as festas de San Xoán

Martes 27 de xuño do 2006

Para a xornada deste martes, 27 de xuño, hai tamén programada a última das verbenas, que correrá a cargo da orquestra Versalles, a partir das 22,30 horas na Praza do Concello. Para o mércores, 28 de xuño, a Comisión de Festas preparou o Día do neno nas barracas, polo que os máis pequenos terán descontos nas atraccións.

Festa do Bosque

O domingo 2 de xullo terá lugar no Bosque do Añón a tradicional Festa do Bosque, organizada pola Peña Gastronómica Os Larpeiros, no que é o último acto do programa do San Xoán. A festa comenzará ás 13,00 horas, cunha sesión vermú. Ao longo de todo o día haberá numerosas actividades, como o concurso de postres, un espectáculo de animación, a 122 edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel, xogos populares, a actuación de Os Tres Trebóns e o grupo Serrallaí e unha sesión de Dj’s.

Compartir: