Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo contará cun plan integral de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Carballo contará cun plan integral de accesibilidade

Xoves 18 de agosto do 2005

O proxecto inclúese no marco dun convenio de colaboración que o Concello de Carballo asinou o 16 de xuño co Imserso e coa Fundación Once para a cooperación e integración social de persoas con discapacidade, e que será efectivo ata o 31 de decembro deste ano. O orzamento total do proxecto é de 69.500 euros.

A maior parte do orzamento previsto vaise financiar con fondos Feder, un total de 48.650 euros. A achega económica do Concello de Carballo será de 7.645 euros. As cantidades restantes correspóndense coa participación financeira do Imserso, un total de 8.340 euros, e da Fundación Once, de 4.865 euros.

O Concello será o encargado de desenvolver o procedemento público para adxudicar os traballos de execución do proxecto. No proceso de selección da empresa deberá ter en conta a normativa vixente en materia de reserva de prazas para persoas con discapacidade no cadro de persoal da empresa elixida, así como a acreditación de experiencia abonda na execución e no desenvolvemento de proxectos de accesibilidade semellantes.

Compartir: