Inicio Carballo ao día Avisos Exposición pública do borrador da...

Exposición pública do borrador da Ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e demais ingresos de dereito público

Xoves 14 de marzo do 2019

O Concello de Carballo inicia o expediente de aprobación da Ordenanza Fiscal Xeral de Xestión, Inspección e Recadación do Concello de Carballo, segundo o texto proposto conxuntamente polo tesoureiro municipal e o xefe do Servizo de Xestión e Inspección Tributaria e Catastral e que pode descargarse máis abaixo.

Con carácter previo á aprobación do regulamento ábrese un prazo de 10 DÍAS HÁBILES, a partir do 15 de marzo, para que a cidadanía realice as achegas que considere oportunas a través do enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.

Descargas

Compartir: