Inicio Carballo ao día Avisos Aprobación de padróns fiscais de...

Aprobación de padróns fiscais de 2019: IVTM, taxa de lixo e taxa de vaos

Martes 26 de febreiro do 2019

Por resolución da Alcaldía nº 433/2019, do 20/02/2019, téñense aprobado os padróns fiscais da taxa de recollida de lixo domiciliaria, da taxa de recollida de lixo comercial, da taxa por reserva de espacio para estacionamento e vaos e do imposto de vehículos de tracción mecánica correspondentes ao período impositivo de 2019, no que figuran as liquidacións tributarias correspondentes a cada suxeito pasivo, dacordo cos seguintes datos:

1.–Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, nas súas modalidades de vivenda e comercial.

  • Lixo vivenda importe total do padrón: 1.092.596,28 €
  • Lixo comercial importe total do padrón: 298.035,66 €
2.–Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vados permanentes. Importe total do padrón. 100.383,94 €
3.–Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Importe total do padrón:1.229.706,94 €

Os padróns estarán expostos durante un mes.

Prazo, lugar e forma de pagamento

O período voluntario de cobro das liquidacións resultantes deste padrón abranguerá desde o día 1 de marzo ao día 30 de abril de 2019. Durante este período os contribuintes poderán facer o pagamento das correspondentes débedas nas oficinas da Recadación Municipal, sitas na rúa Camiño Novo n.º 7, entreplanta Galerías Comerciais, en horario de luns a venres, de 09.00 a 13.30 horas, polas mañás, e de 16.00 a 18.00 horas, polas tardes.

Os recibos domiciliados pasaranse ao cobro a partires do día 1 de abril de 2019.

Os recibos non domiciliados deberán ser aboados en efectivo.

Transcorrido o dito prazo, iniciarase o período executivo, que determina o devengo do recargo de constriximento e os intereses de demora, segundo o previsto no artigo 28 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro. O recargo será dun 5% ata que se reciba a notificación da providencia de apremio, do 10% unha vez recibida a mesma e ata o fin do prazo voluntario en vía executiva, e do 20% unha vez transcorrido dito prazo.

Descargas

Compartir: