Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recibiu as bandeiras azuis para Razo e...

LITORAL

O Concello recibiu as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

Martes 27 de xuño do 2006

O acto de entrega de bandeiras azuis estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e tamén participaron do mesmo o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, o presidente de ADEAC, José Ramón Sánchez e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. A bandeira azul é un galardón otorgado pola Asociación ADEAC a aquelas praias ou portos deportivos que compren requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental por parte do municipio ou do porto. O goberno municipal fixo un esforzo en canto as melloras na praia de Pedra do Sal, sendo merecedora agora de tal recoñecemento, ao igual que a praia de Razo. O galardón baséase no cumprimento dunha serie de criterios específicos nas praias e portos galardoados, que se agrupan en torno a catro pilares básicos, como a calidade das augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión medioambiental e a seguridade e servizos.

Compartir: