Inicio Carballo ao día Hemeroteca Lamatumbá ponlle música á...

CULTURA

Lamatumbá ponlle música á noite de San Xoán

Venres 23 de xuño do 2006

O concerto de Lamatumbá é unha das moitas actividades que teñen lugar este venres en Carballo, que vivirá o tradicional Concurso de Cachelas polos barrios de Carballo. A charanga de Ferrol Os Chinchorros animará as cachelas nun día no que tamén haberá verbena na Praza do Concello. As orquestras América SL e Capitol actuarán a partir das 22,30 horas. O sábado 24 será o turno de Nadadora e Nacho Vegas, concertos a celebrar tamén en Rego da Balsa a partir das 23,00 horas. Esa mesma xornada, ademáis, terán lugar outros actos destacados do programa como a misa e procesión, concerto da Banda Municipal de Carballo, o V Gran Prix de Carrilanas, a X Mostra de Habaneras San Xoán ou a verbena coas orquestras Filadelfia e Satélites. O domingo 25 o programa inclúe, entre outras actividades, o VII Descenso do Anllóns e a verbena coas orquestras Combo Dominicano e Panorama.

Compartir: