Aberto o prazo de inscrición para un curso de manipulador/a de alimentos organizado pola Cruz Vermella
Venres 8 de febreiro do 2019
A Cruz Vermella de Carballo está a organizar un curso de manipulador/a de alimentos que terá lugar o sábado 23 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00, no Fórum Carballo.
As inscricións poden realizarse nas oficinas da Asemblea Local de Cruz Vermella en Carballo en horario de 9:00 a 14:00 (luns, martes e xoves tamén de 16:00 a 18:00).
Máis información no cartel adxunto.