Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello recibirá o luns as bandeiras...

LITORAL

O Concello recibirá o luns as bandeiras azuis para Razo e Pedra do Sal

Venres 23 de xuño do 2006

A bandeira azul é un galardón otorgado pola Asociación ADEAC a aquelas praias ou portos deportivos que compren requisitos de calidade de augas, servizos e realización de actividades de información, educación e xestión ambiental por parte do municipio ou do porto. O goberno municipal fixo un esforzo en canto as melloras na praia de Pedra do Sal, sendo merecedora agora de tal recoñecemento, ao igual que a praia de Razo. A Campaña Bandeira Azul é un símbolo recoñecido que exixe o cumprimiento de exixentes niveis sanitario-ambientais, a existencia de sanitarios adecuados e sin vertidos, así como servizo de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios na praia ou no porto con bandeira azul. O galardón baséase no cumprimento dunha serie de criterios específicos nas praias e portos galardoados, que se agrupan en torno a catro pilares básicos, como a calidade dlas augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión medioambiental e a seguridade e servizos.

Compartir: