URBANISMO
Os informes descartan a viabilidade da oferta presentada ao proxecto do aparcamento soterrado e reforma do mercado
Xoves 22 de xuño do 2006
O informe pon de manifesto que o licitador carece de capacidade para a realización do contrato, posto que o seu obxecto social non é adecuado ao obxecto do contrato, un feito que sería xa determinante para excluir ao licitador. Ademáis, conclúese que o licitador subsanou correctamente o informe de institucións financieiras, non así as contas anuais, xa que seguen sen compulsarse as do exercicio 2002. Igualemente non aporta a cifra de negocios global das obras e actividades desenvolvidas pola empresa nos últimos tres anos. Dedúcese das contas anuais a imposibilidade de aportar a cifra de negocios, pois a actividade foi nula, e que a empresa non tivo ingresos nos catro últimos anos. No tocante á solvencia técnica, o licitador non a acredita, polo que incurre en causa de prohibición de contratar e non pode ser admitida a súa oferta. O informe pon de manifesto, igualmente, que o licitador non aporta a póliza de responsabilidade civil ao seu nome, exixida no prego de cláusulas. Sobre a posibilidade de adxudicar o contrato mediante o procedemento negociado, o informe conclúe que pode ser adxudicado desta forma, debido a que o licitador presentado non pode ser admitido a licitación, suposto polo que se regulan os motivos polos que procede o negociado, sempre e cando non cambien as condicións orixinais do contrato.