Inicio Carballo ao día Avisos Suspendidas as visitas ao Museo de...

Suspendidas as visitas ao Museo de Bergantiños durante as obras de conservación do edificio

Martes 22 de xaneiro do 2019

A partir do 22 de xaneiro quedan suspendidas as visitas ao Museo de Bergantiños debido á execución das obras de conservación do edificio.

A oficina de turismo estará aberta en horario de mañá mentres as obras o permitan, e as oficinas municipais situadas no primeiro andar tamén funcionarán con normalidade.

Desculpade as molestias.

A piques de cumprir 160 anos, o Museo de Bergantiños será obxecto dun proxecto de conservación e rehabilitación para protexer e poñer en valor un dos edificios emblemáticos do noso concello e un dos nosos principais recursos turísticos. As obras serán executadas pola empresa Desarrolla Obras y Servicios, S.L. cun orzamento de 207.139,90 euros e o prazo de execución é de tres meses.

O edificio do Museo de Bergantiños, que funciona tamén coma oficina de información turística e sede dos departamentos municipais de Turismo e Promoción Económica, foi construído no ano 1855 para albergar o cárcere e o xulgado de primeira instancia de Carballo. Nos anos 90 do século pasado foi sometido a unha profunda reforma que culminou coa apertura do complexo actual no 2002. O inmoble primitivo figura entre os elementos con protección no PXOM.

Compartir: