CULTURA
Freixeiro Mato defende o patrimonio local no pregón das festas do San Xoán
Xoves 22 de xuño do 2006
Freixeiro Mato incidiu na necesidade de preservar a historia e o pasado para garantir o futuro, que a Costa da Morte sexa para sempre a Costa da Vida e da prosperidade e defendeu, nun ámbito comarcal, as férvedas de Bergantiños e os Penedos de Traba e Pasarela. Sobre Carballo, engadiu que "está chamado a ser o baluarte do ecoloxismo e a galeguidade". Freixeiro salientou ao final do seu discurso a necesidade de "loitar polos medios de transporte e as infraestructuras, pero conservando o noso. Só así lograremos o desenrolo sostible". Sobre as festas, o profesor carballés alentou á xente a "queimar nas cachelas de San Xoán os males e os erros do pasado para enfrontarnos con decisión ao futuro de seres libres e prósperos".