Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude da Tarxeta Benvida...

Aberto o prazo de solicitude da Tarxeta Benvida para as familias con fillos e fillas nados no ano 2019

Luns 14 de xaneiro do 2019

Xa está aberto o prazo de solicitude da Tarxeta Benvida para as familias que cumpran algún destes requisitos:

  1. Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
  2. Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019
Requisitos
  1. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
  2. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. *
  3. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.
  4. Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2019 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
  5. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  6. No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda preadoptiva, non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes.

Prazo de presentación de solicitudes
Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

Máis información: Departamento de Servizos Sociais ou na ligazón inferior



Ligazóns

Compartir: