Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello procede á apertura da...

OBRAS

O Concello procede á apertura da rúa do Gravador Manuel Facal

Mércores 21 de xuño do 2006

O Concello procede á apertura da rúa Gravador Manuel Facal días despois de recibir a autorización da cesión de terreos, logo de chegar a un acordo cos propietarios afectados por esta situación. Esta apertura sucede á da rúa da Vila de Negreira e da Vila de Noia. Ademais, o Concello ten intención de seguir actuando nesta liña, co obxectivo de desconxestionar o tráfico e mellorar a calidade de vida da veciñanza de Carballo. Así, o goberno municipal ten intención de proceder á apertura da rúa de Pontevedra, noutro enclave estratéxico do centro urbano da localidade.

Compartir: