Sorteo público entre o alumnado do CMUS inscrito para formar parte da comitiva dos Reis Magos
Mércores 26 de decembro do 2018
Este ano, os/as paxes de Melchor, Gaspar e Baltasar serán alumnos e alumnas do Conservatorio de Música de Carballo (CMUS).
A Concellaría de Cultura, que organiza a cabalgata de Reis, convidou ao alumnado de 1º e 2º cursos de Grao Elemental a participar, e entre todos os nenos e as nenas inscritos/as celebrarase un sorteo para escoller aos 6 paxes, dous por carroza, que formarán parte da comitiva das Súas Maxestades de Oriente.
O sorteo será público e celebrarase o xoves 27 de decembro, ás 13.00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.