Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo prepárase para vivir a semana...

CULTURA

Carballo prepárase para vivir a semana grande das festas do San Xoán

Martes 20 de xuño do 2006

O programa das festas inclúe moitas máis actividades e actos, como as tradicionais verbenas tódolos días na Praza do Concello, a final do Trofeo Concello de Carballo de Fútbol de Peñas, diferentes pasarrúas, a X Mostra de Habaneras, a misa e procesión os días 24, 25 e 26, o Día do Neno, ou a Festa do Bosque, con numerosas actividades no Bosque do Añón. A intención do programa é que as festas sexán un referente comarcal, un lugar de encontro de idades e maneiras de ser que disfruten coa mestura de tradición e modernidade.

Concursos

As festas do San Xoán 2006 inclúen, novamente, actividades participativas cunha dimensión moi lúdica e que teñen moi boa acollida entre os cidadáns de Carballo. Con elas, preténdese recuperar e fomentar tradicións tan importantes na celebración popular do San Xoán como as cachelas, recuperar xogos populares ou incorporar un elemento tan importante en Carballo como o río Anllóns. Así, até o día 21 de xuño, ás 13,00 horas, está aberto o prazo de inscrición para o , o Descenso do Anllóns e o Gran Prix de Carrilanas.

A XIX edición do Concurso de Cachelas terá lugar o 23 de xuño entre as 19,00 horas e as 23,00 horas. As subvencións par participar serán de 20 e 30 euros e haberá catro premios de 450, 200, 150 e 100 euros. O IX Descenso do Anllóns celebrarase o 25 de xuño a partir das 18,00 horas. As subvencións por participar ascenden a 20 euros e repartiranse autros 900 en premios. O VII Gran Prix de Carrilanas terá lugar o 26 de xuño ás 19,00 horas e repartiranse máis de 900 euros en premios para distintas categorías, como velocidade ou orixinalidade. As bases dos tres concursos podes consultalas nesta mesma web.

Compartir: