Inicio Carballo ao día Avisos Premios instantáneos, descontos,...

Premios instantáneos, descontos, experiencias e sorteo dunha viaxe a Praga por mercar no comercio carballés

Domingo 16 de decembro do 2018

Os 100 establecementos que participan na campaña comercial Semecachadescóntovos, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, entregarán este ano un rasca por cada compra superior a 30 euros. Con cada tarxeta poden obterse premios instantáneos coma cadernos de Derrubando muros con pintura, bolsas pregables, carteiras, soportes para móbiles e descontos dun 10 ou 15 % para as seguintes compras que se realicen nese comercio. Tamén poden conseguirse experiencias, que van dende tratamentos de chocolaterapia ata ceas.

Ademais, as tarxetas dan dereito a participar no sorteo dunha viaxe a Praga para 2 persoas, incluíndo billetes de avión, estadía en hotel de 3 estrelas e almorzo durante 5 noites. Para iso só hai que xuntar 6 tarxetas seladas en seis establecementos distintos e deben entregarse no Museo de Bergantiños. O sorteo terá lugar ao remate da campaña, o venres 11 de xaneiro. As bases figuran máis abaixo.

Descargas

Compartir: