Volven os encontros interxeracionais entre o Horto Infantil Ecolóxico Municipal e o Centro de Día da Praza de Vigo
Xoves 21 de febreiro do 2019
Imaxe dun dos encontros anteriores
O Horto Infantil Ecolóxico Municipal e o Centro de Día da Praza de Vigo volven a colaborar para fomentar o encontro entre os nenos e nenas que participan no proxecto educativo do Concello de Carballo e os/as usuarios/as do servizo xestionado pola Xunta de Galicia.
O segundo encontro deste curso celebrarase o venres 22 de febreiro a partir das 11.30 horas. Alumnado do CEIP Xesús San Luís Romero achegarase ata o centro de maiores para intercambiar experiencias e coñecementos.