Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rebaixado a un 33% o índice de impropios...

MEDIO AMBIENTE

Rebaixado a un 33% o índice de impropios no colector amarelo

Martes 20 de xuño do 2006

Para baixar do 40% procedeuse a levar adiante varias accións tales como a de colocar adhesivos explicativos en todos estes colectores, a realizar un importante investimento en reposición de colectores, tapas, pechaduras e tamén se procedeu ao seu lavado e desinfección.

Durante os pasados meses de abril e maio, en colaboración coa empresa de recollida, realizouse unha campaña informativa sobre a forma de depositar os envases lixeiros no colector amerelo, que non ten horario de vertido e que non fai falla depositar os envases lixeiros en bolsa pechada, logo de detectar que había moita xente que tiña dificultades á hora de usar a porta pequena deste tipo de colector. O goberno de Carballo quere agradecerlles ás carballesas e aos carballeses o poder superar este reto que se propoñía a primeiros de ano e tentar rebaixar estes índices por debaixo dun 30%, sabendo que cunha cidadanía así de concienciada, esta nova meta tamén vai a ser superada.

Compartir: