Inicio Carballo ao día Hemeroteca A doazón de sangue en Carballo sitouse por...

SAÚDE

A doazón de sangue en Carballo sitouse por enriba da media galega e estatal en 2005

Luns 19 de xuño do 2006

As doazóns realizadas en Galicia en 2005 permitiron que se puidesen realizar, cada día, unha media de 500 intervencións cirúrxias, atender 2.700 urxencias e levar a cabo dous transplantes de órganos e tecidos. O Concello de Carballo quere animar a toda a veciñanza do municipio a seguir colaborando neste acto altruísta, imprescindible para poder axudar a moitos/as enfermos/as dos hospitais galegos. E máis tendo en conta que o verán é a época do ano de maior dificultade para manter un nivel axeitado de doazóns. Segundo sostén o Centro de Transfusión de Galicia, durante as vacacións as/os enfermas/os ingresadas/os nos hospitais galegos necesitarán máis de 30.000 doazóns de sangue.

Compartir: