MEDIO AMBIENTE
Os establecementos de hostalaría deben solicitar autorización para a realización de barbacoas
Luns 19 de xuño do 2006
Os propietarios e propietarias deberán facer constar, coa solicitude, o NIF -apelidos e nome do/a solicitante-, o nome comercial do establecemento, identidade completa do/a titular do IAE, emprazamento, referencia catastral, superficie que se pretende ocupar en metros cadrados, prazo polo que se pretende ocupar o dominio público, esbozo da distribución e unha copia da licenza municipal de apertura do establecemento. En todo caso, o/a titular da autorización manterá limpa a zona e a beirarrúa entre esta e o establecemento.
Durante as festas de San Xoán poderán facerse chacarelas e barbacoas en espazos públicos sen necesidade de obter un permiso especial, pero deberán tomarse, en todo caso, as medidas necesarias para evitar a propagación das lapas e o coidado da contornas das fogueiras e das grellas.