Inicio Carballo ao día Avisos O mércores 13 de febreiro, nova...

O mércores 13 de febreiro, nova sesión dos obradoiros "Camiñando pola igualdade"

Mércores 21 de novembro do 2018

O mércores 13 de febreiro celébrase na Biblioteca Municipal Rego da Balsa unha nova sesión dos obradoiros Camiñando pola igualdade, promovidos pola Concellaría de Igualdade e Benestar coa finalidade de crear, a longo prazo, un Consello Sectorial da Muller e un Grupo de Homes pola Igualdade no noso concello.

O grupo de traballo de mulleres, que vén reuníndose periodicamente, celebrará un novo encontro de debate, reflexión e posta en común sobre as desigualdades de xénero. As mulleres que queiran incorporarse poderán facelo achegándose á propia Biblioteca Rego da Balsa ás 19.00 horas.

Tamén está en marcha unha experiencia de traballo individualizado con homes, co obxectivo de crear un grupo paralelo. Se ti tamén loitas pola igualdade, inscríbete! Envía un correo electrónico a carballoennegro@gmail.com, chama ao Centro de Información á Muller (CIM) ao teléfono 981 700 688 ou cubre o formulario adxunto.

Ligazóns

Compartir: