Inicio Carballo ao día Hemeroteca Milladoiro abre o ciclo de concertos do San...

CULTURA

Milladoiro abre o ciclo de concertos do San Xoán

Venres 16 de xuño do 2006

O de Milladoiro é o primeiro concerto incluido no programa de San Xoán, que contempla ademáis outras actividades para esta fin de semana. Así, esta tarde comenza nas instalacións de Conservas Calvo, a partir das 19,00 horas, a fase final do II Torneo Internacional Fútbol 7 Concello de Carballo. O torneo terá continuidade o sábado e o domingo a partir das 10,00 horas. O sábado día 17, ademáis, inaugurarase no Pazo da Cultura a exposición de pintura de Francisco Aloy Imaxes de Carballo e Bergantiños, que permanecerá no multiusos carballés até o 5 de xullo. ás 19,00 horas terá lugar, na Praza do Concello, Arte na Rúa, no que participarán Xaquín Marín e Pinto, con ‘Caricaturistas e liberdade’, Mon Lendoiro, Marilá, Fernando Mourón e Francisco Aloy con ‘De artistas e artesáns’ e Luis García e 'Pajarito' con ‘Abracadabra e mil risas’. O domingo 18, ademáis, terá lugar o Campionato Galego Open Máster de Verán 2006, de 10,00 horas a 16,00 horas na piscina Carballo Calero.

Compartir: