Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello ampliará a zona azul na...

TRÁFICO

O Concello ampliará a zona azul na rúa Gran Vía

Venres 16 de xuño do 2006

A prolongación proposta abarcaría a Gran Vía ata a intersección con Doutor Fleming, por ambas márxenes da rúa. Os aparcamentos desta vía quedarían limitados, entón, a 90 minutos de ocupación, como xa funciona en outras vías como Desiderio Varela, rúa Barcelona, Fomento, Valle Inclán ou Cervantes.

Bacheo

O Concello de Carballo, ademáis, ten intención de acometer esta fin de semana un bacheo xeral das rúas do casco urbano de Carballo. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Andrade, responsables da Policía local e membros da empresa que realizará a mellora xa fixeron a inspección pertinente das rúas para proceder ás obras. A empresa actuará nunha veintena de rúas, entre as que están a Mahón, Vicente Risco, Tambre, Saúde, Estrella, Alfredo Brañas, Laracha, Lagoa e Gran Vía.

Compartir: