Ampliado ata o 31 de decembro o prazo de renovación do bono social eléctrico
Mércores 24 de outubro do 2018
O prazo de renovación do bono social eléctrico vén de ser ampliado ata o 31 de decembro de 2018 debido á posta en vigor do bono social térmico (bono social para a calefacción de gas natural), unha proposta que axudará a todas as persoas que gocen do bono social eléctrico.
Os beneficiarios do bono social térmico serán tanto os clientes de gas natural como os que utilicen bombonas de butano.
LEMBRA! Se non tes o bono social de luz non podes recibir o bono social de gas.