RECEPCIÓN
O goberno municipal recibe á tripulación do Velero Escuela uruguaio ‘Capitán Miranda’
Mércores 14 de xuño do 2006
Segundo o itinerario previsto, o Velero Escuela Capitán Miranda permanecerá 201 días fora de Uruguai, 151 navegando e os restantes en portos de todo o mundo. Logo de parar en Bahía, Fortaleza (Brasil), Isla Margarita (Venezuela), Cartagena de Indias (Colombia) Fort Lauderdale, Norfolk (EEUU), Isla de Azores, Lisboa (Portugal) e Cádiz, chegou recentemente ao porto da Coruña. Con posterioridade está previsto que atraque nos portos de Tenerife Wilhelmshaven (Alemania), e Saint Malo (Francia), navegando un total de 18.651 millas náuticas aproximadamente. En A Coruña, a tripulación do Velero Escuela celebrou o Día do Uruguaio coa Federación de Asociaciones de Inmigrantes Uruguaios de Galicia (Faiuga). As asociacións de uruguaios en Carballo tamén tiveron ocasión de acehgarse á cidade herculina para participar dos actos da tripulación.