PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Remata o prazo para apuntarse nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña
Mércores 14 de xuño do 2006
As instancias solicitando tomar parte dos Campamentos deportivos 2006 dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Carballo, presentándose no Rexistro Xeral. É imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. As actividades deportivas a practicar serán, de maneira preferente, golf -nun campo regulamentario de 9 furados-, actividades náuticas de vela lixeira e kaiaks nun contorno marítimo protexido, tenis pista con monitores titulados pola Federación Galega e voleipraia. Ademáis, contémplase a celebración das limpíadas da paz, xogos cooperativos, xogos de praia… Tamén se realizarán actividades relacionadas co medio natural, como unha visita ás Fragas do Eume e un roteiro marítimo pola ría da Coruña e Ferrol, e actividades culturais, como as visita á Casa das Ciencias, Acuarium Finisterrae, Castelo de San Antón ou Torre de Hércules. O material propio das actividades deportivas (ferros de golf, raquetas de tenis, pelotas, balóns e chalecos salvavidas) entregaráselle a cada participante durante a celebración do campamento. O equipo recomendado para participar do campamento consta de roupa interior, pixama, roupa de rúa (pantalón, camisas, camisetas...), equipamento deportivo (chándales, suadoiros, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chancletas para a ducha, traxe de baño), toalla de baño, útiles de aseo (xabón, xampú, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante), cantimplora, gorra e gafas de sol, crema protectora (mínimo factor 15), chuvasqueiro e mochila.