TRABALLO
María Debén coñeceu o proxecto da Casa dos Oficios
Martes 13 de xuño do 2006
María Debén puido comprobar in situ a evolución das obras nas naves 2 e 3, polas que se comenzou a traballar, e que albergarán un edificio formativo e outro funcional. Actualemente está rematada a fase da estructura e estase a comezar cos traballos de forxado. Ademáis, xa están acometidos os servizos de saneamento, gas, electricidade e telefonía. A delegada provincial da Consellería de Traballo manifestou que se trata "dun proxecto moi ambicioso que compre as expectativas para as que está prevista. Estou moi satisfeita se vai para adiante e quero reslatar o impulso elevado do Concello, así como o da Consellería de Traballo". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "o entorno da Milagrosa necesitaba dunha inxección urbanística e de un referente permanente. Queremos que a formación sexa un dos eixos da actuación do goberno municipal".