CULTURA
O Pazo da Cultura acolle a proxección das ‘Noites Curtas’
Martes 13 de xuño do 2006
A sesión do mércores 14, que presentará o xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Ignacio Varela, inlcúe 5 curtametraxes. Son Lobos, La buena caligrafía, Máxima pena, Rosas e Redondeo. Na sesión do xoves 15 proxectarase o documental Santa Liberdade, da catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo, que estará presente durante esta xornada. O documental está ambientado no Mar do Caribe en 1961 e conta como o navío ‘Santa María’ é tomado por un grupo de antifascistas. Trátase dun curioso capítulo na loita contra as dictaduras de Franco e Salazar: o primeiro secuestro político dun trasatlántico. Ademáis deste documental, prxectaranse dúas curtametraxes: Máis madeira e O Boiro. Cada sesión de curtametraxes de Noites Curtas, que está organizado pola Comisión de Festas de San Xoán 2006 e a Concellería de Cultura, terá unha duración de 90 minutos aproximadamente. A entrada é gratuita.