Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto de obra para o...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto de obra para o acondicionamento da Escola de Cances

Luns 12 de xuño do 2006

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a autorización de dez novos vaos permanentes en distintas zonas do municipio de Carballo. Estas solicitudes de licenza, que se suman outras xa autorizadas en sesións anteriores, estanse a realizar a raíz da campaña de inspección dos vaos irregulares nas vías urbanas de Carballo. As novas licenzas de vao permanente correspóndense coas rúas Gran Vía, Vila de Noia, Vila de Laxe, Amapola, Fábrica, Caravel, Río Anllóns, Carballo Calero, Río Anllóns e Avenida de Fisterra. Ademáis, aprobouse a certificación terceira e última da obra Recuperación do entorno da Férvenza de Entrecruces e acondicionamento para área de recreo, por importe de 30.740 euros, además da certificación cuarta da obra Execución de edificación destinada a Escola Taller de Carballo, Fase I, Nave 2 e 3 por importe de 170.444 euros. Tamén deuse conta do convenio de colaboración entre a Fundación Arao e o Concello de Carballo para a realización da obra Medidas preventivas a erosión dos noiros da praia de Razo e mellora da accesibilidade e do convenio de autorización para ocupación provisional de terreo na zona do Pazo da Cultura. Ademáis, aprobáronse seis licenzas de obra, unha de obra e apertura, outra de parcelación e dúas de primeira ocupación.

Compartir: