Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asina un protocolo de...

VISITA INSTITUCIONAL

O Concello asina un protocolo de colaboración con Montevideo

Luns 12 de xuño do 2006

Evencio Ferrero manifestou que "este primeiro protocolo permitirá novas relacións de colaboración entre o Concello e Montevideo. Para nós é un orgullo e unha alta responsabilidade asinar este protocolo de colaboración cunha cidade próxima ao millón e medio de habintantes". A estadía do rexedor local serviu tamén para asinar un convenio de colaboración entre o Concello e o Centro Social e Cultural Bergantiños. Ademáis, Evencio Ferrero participou en varios medios de comunicación e mantivo encontros co Ministro de Asuntos Exteriories da República Oriental de Uruguai, Reinaldo Gargano, co primeiro Senador da República, Eleuterio Fernández Huidobro, o Intendente Municipal de Maldonado, Sr. de Los Santos, o Intendente de Canelones e membros do gabinete do Ministrerio de Turismo e Deporte. Ademáis, mantivo varios encontros con cidadáns de Carballo, visitas ao Centro Social e Cultural Bergantiños, Centro Galego, Padroado da Cultura Galega, Fogar Español para ancianos e Parque temático Deportivo Battle.

Compartir: